Transformando
o futuro

Desde 1980 lideramos un modelo de minería moderna, segura e sostible para o aproveitamento dos recursos naturais. O cuarzo é unha materia prima estratéxica cuxa extracción, mediante un sistema de traballo respectuoso co medioambiente, permítenos contribuír á transición cara a enerxías máis verdes, á dixitalización e á innovación tecnolóxica coas súas múltiples aplicacións.

Estamos comprometidos con xerar riqueza socioeconómica na nosa contorna, garantindo o benestar das persoas e o modo de vida do medio rural. Seguimos transformando o futuro.

Extracción de cuarzo respectuosa coa contorna
Transformamos o futuro
Garantimos o modo de vida do medio rural
Recuperamos totalmente os terreos
Impulsamos o desenvolvemento económico sostible

Sustentabilidade: cribado do terreo

O noso sistema de traballo, mediante o cribado do terreo, garante unha maior sustentabilidade ambiental, a conservación da biodiversidade e a produtividade dos terreos unha vez que finalizamos o labor de extracción de cuarzo. É un modelo totalmente compatible coas actividades socioeconómicas tradicionais: agricultura, gandería, aproveitamento forestal e turismo sostible.

Sustentabilidade: cribado do terreo

O noso sistema de traballo, mediante o cribado do terreo, garante unha maior sustentabilidade ambiental, a conservación da biodiversidade e a produtividade dos terreos unha vez que finalizamos o labor de extracción de cuarzo. É un modelo totalmente compatible coas actividades socioeconómicas tradicionais: agricultura, gandería, aproveitamento forestal e turismo sostible.

Aplicacións do cuarzo

Os proxectos sostibles de extracción de cuarzo, do que se obtén o silicio, son o motor que impulsa a transición ecolóxica, mediante enerxías renovables e mobilidade eléctrica; a creación de contornas dixitais intelixentes a través das tecnoloxías da información e telecomunicacións; a fabricación de equipos sanitarios e próteses biónicas, ademais de contribuír a un avance cara á industria 4.0. As aplicacións do cuarzo en diferentes sectores produtivos son unha fonte de progreso social e económico.
Transición Verde

A minería sostible, como a que desenvolvemos desde Erimsa, é unha panca de cambio cara a novos modelos enerxéticos. É clave para potenciar as enerxías renovables, tendo en conta que o silicio, que se obtén do cuarzo, utilízase nos paneis solares, e está comprobado que mellora a eficiencia desta enerxía alternativa e limpa.

Como fonte de enerxía verde, o silicio está presente en máis do 90% das células solares que hai nos paneis e hortos solares.

Digitalización
Cidadáns de todo o mundo estamos conectados dixitalmente grazas ao silicio, que é un dos mellores condutores de placas electrónicas. Supuxo unha auténtica revolución na industria da fabricación de baterías recargables porque permitiu aumentar a súa potencia e duración, tanto dos móbiles, como dos computadores e tamén dos vehículos eléctricos.
Biomedicina

Os avances máis importantes da sociedade están vinculados á riqueza natural da terra. Unha das aplicacións de maior relevancia do cuarzo é o seu uso na fabricación de modernos equipos sanitarios e en diferentes tipos de próteses, que melloran o benestar das persoas.

O silicio é un dos compoñentes das siliconas, que son compostos sintéticos resistentes á calor e base de selladores, adhesivos, lubricantes industriais, illamentos de edificios e do aluminio de portas e xanelas. Está moi presente nos nosos fogares.

Industria 4.0
As siliconas potenciaron o avance da industria 4.0. Utilízanse na impresión 3D, unha técnica innovadora para a creación de prototipos, modelos a escala de pezas e produtos finais para diferentes sectores, destacando o da aeronáutica e a automoción. Fomentan a fabricación dixital e permite métodos de produción máis eficientes e sostibles.

Xeramos riqueza socioeconómica sostible, potenciamos a innovación e aceleramos a transición enerxética verde

Os nosos centros de produción

Begonte (Lugo)

Ctra. N-VI, Km. 524
27373 Begonte Lugo
Tlf.: 982 160 322

Centro de producción Begonte (Lugo)

Frades (A Coruña)

Cruceiro, 15686
Frades A Coruña
Tlf.: 981 69 22 37

Centro de producción Frades (A Coruña)

Castillo (Pontevedra)

San Miguel de Castro, Prado S/N
36584 A Estrada Pontevedra
Tlf.: 986 591 810

Centro de producción Castillo (Pontevedra)

Bóveda del Río Almar (Salamanca)

Carretera a Piedrahita Km.4, 9
Bóveda del Río Almar 37316, Salamanca
Tlf.: 923 167 101

Centro de producción Bóveda del Río Almar (Salamanca)
Erimsa extracción de cuarzo sostenible