O noso compromiso é facer accesible este sitio web, de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
SITUACIÓN DE CUMPRIMENTO
Este sitio web é parcialmente conforme co RD 1112/2018 debido a excepcións e á falta de conformidade nos aspectos que se indican no seguinte punto.
CONTIDO NON ACCESIBLE
O contido que se recolle a continuación podería non ser accesible polos seguintes motivos:
- Podería haber aspectos de contraste que non cumpren cos mínimos esixidos en relación coas cores adxacentes do fondo.
- Algúns elementos non textuais poderían non estar correctamente etiquetados.
- Os buscadores poderían funcionar automaticamente sen necesidade de acción por parte do usuario.
- Algunhas seccións de texto noutro idioma poderían non estar correctamente etiquetadas.
- Poderían existir erros puntuais de edición de código nalgunha páxina web.
- Poderían existir ficheiros ofimáticos en PDF ou outros formatos publicados que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade, aínda que se procurou que a maioría si os cumpran.
PREPARACIÓN DESTA DECLARACIÓN DE ACCESIBILIDADE
O método empregado para preparar esta declaración foi unha autoavaliación realizada pola persoa responsable do desenvolvemento web.
OBSERVACIÓNS E DATOS DE CONTACTO
Pódense realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018), como por exemplo:
- Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
- Transmitir outras dificultades de acceso ao contido
- Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web
Pódese presentar:
- Unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018, ou
- Unha solicitude de información accesible relativa a:
- Contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o artigo 3, apartado 4
- Contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impor unha carga desproporcionada
Na solicitude de información accesible debe concretarse, con toda claridade, os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.
PROCEDEMENTO DE APLICACIÓN
Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderá iniciar unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.
A reclamación poderá presentarse a través da Instancia Xenérica da Sede electrónica do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, así como nas demais opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Subdirección Xeral de Inspección de Servizos do Ministerio.
CONTIDO OPCIONAL
Este portal está deseñado para permitir o cambio do tamaño do texto e da cor, así como do fondo da páxina mediante as opcións estándar de configuración dos navegadores.
Se desexa cambiar o tamaño da letra nos principais navegadores gráficos, utilice os seguintes menús:
- Internet Explorer, Mozilla e Firefox: Ver > Tamaño do texto
- Opera: Ver > Zoom
- Safari: Ver > Facer o texto máis grande
- Chrome: Controlar páxina actual > Tamaño do texto
Para modificar o tamaño de toda a páxina:
- Ctrl + + para aumentalo
- Ctrl + – para reducilo
- Ctrl + 0 para restaurar o tamaño orixinal
Se o que quere é desactivar a folla de estilos ou modificar a cor do texto, pode consultar a páxina How to Change Text Size or Colors do WAI, que se pode ler traducida ao galego ou español na ligazón ¿Cómo cambiar el tamaño del texto o colores?