A calidade é un dos piares sobre os que se sustentamos a nosa actividade. Priorizamos e compatibilizamos dous obxectivos primordiais:
- Satisfacción do cliente.
- Aproveitamento eficiente dos recursos.
O noso departamento de Calidade dispón dos medios técnicos máis adecuados e sistemas deseñados «ad hoc» e desenvolvidos pola propia compañía para o cumprimento destes obxectivos. A dirección, os traballadores, provedores e colaboradores de Erimsa estamos comprometidos con aplicar os principios de mellora continua no ámbito da calidade, a seguridade e saúde no traballo e na xestión ambiental compatible co desenvolvemento sostible, nunha adaptación continua ás cambiantes necesidades dos mercados globais.
Os métodos, procedementos e a sistemática do traballo establecéronse de acordo ao Sistema de Xestión Integral da Calidade, Seguridade e Saúde no Traballo, Medio Ambiente e Minería Sostible de Erimsa, segundo os requisitos que se derivan das normas UNE – EN ISO 9001; UNE – EN ISO 14001, ISO 45001 e UNE 22480, baseado na xestión por procesos, enfocado cara ao cliente, que garantan:
- A calidade dos nosos produtos.
- A homoxeneidade no desenvolvemento dos traballos.
- Unha xestión interna áxil e eficaz.
- A satisfacción de todas as partes interesadas.
- O cumprimiento dos requisitos legais aplicables, e outros compromisos subscritos.
- Velar polo uso racional y o máximo aproveitamento dos recursos naturais‚ previr e controlar as cuestións ambientais.
- Custodiar o correcto desempeño da SST para reducir e tentar eliminar os riscos no desenvolvemento da actividade da organización.
- Alcanzar un compromiso de prevención de danos e de garantir a saúde dos nosos traballadores.
- Minimizar o impacto ambiental que poida xerar a nosa actividade.
- Dispoñer de infraestructura adecuada e fornecer os medios necesarios, así como concienciar e sensibilizar ao equipo humano mediante formación continua, incentivando a súa participación para alcanzar os obxectivos establecidos.
- Adaptar a producción de maneira eficiente a cada cliente para cumprir as súas expectativas e satisfacer as súas necesidades mediante unha asistencia técnica adecuada, así como garantir a óptima calidade do produto, en función do mercado a través da Marcado CE con ensaios de produto acreditados.
A mellora continua de Erimsa en canto a:
- Eficiencia.
- Fiabilidade do produto final.
- Compromiso coa contorna.
- Desempeño mediante o uso de indicadores ambientais, de calidade, seguridade e saúde no traballo e de xestión mineira sostible.
Tecnoloxía Láser para unha selección óptima
A aposta pola innovación como piar fundamental da nosa actividade levounos a incorporar tecnoloxías de vangarda que optimizan a eficiencia e sustentabilidade dos nosos procesos.
Unha das nosas principais incorporacións neste sentido é a implementación do láser sorter, un sistema de clasificación óptica que nos permite seleccionar o cuarzo con extrema precisión.
Esta tecnoloxía de vangarda no noso sector axúdanos a:
- Mellorar a pureza do material, separando con alta precisión o cuarzo de impurezas non desexadas.
- Optimizar a eficiencia operativa, axilizando os procesos de selección sen comprometer a calidade e desenvolvemento dos traballos.
A innovación non é só unha opción para nós: é o camiño cara a unha minería máis eficiente e responsable.
- SISTEMAS DE XESTIÓN DE DATOS (LIMS) – en constante evolución e deseñados internamente para o control do noso proceso.
- SISTEMA DE XESTIÓN DE NON-CONFORMIDADES – desviacións, observacións e auditorías synergi.
- INTERLAB – con carácter anual, en colaboración con universidades e os laboratorios internacionais máis importantes do noso sector. Serven de referencia analítica para os clientes.
Transición verde
A minería sostible, como a que desenvolvemos desde Erimsa, é unha panca de cambio cara a novos modelos enerxéticos. É clave para potenciar as enerxías renovables, tendo en conta que o silicio, que se obtén do cuarzo, utilízase nos paneis solares, e está comprobado que mellora a eficiencia desta enerxía alternativa e limpa.
Como fonte de enerxía verde, o silicio está presente en máis do 90% das células solares que hai nos paneis e hortos solares.
Dixitalización
Biomedicina e biotecnoloxía
Eficiencia enerxética
O silicio é un dos compoñentes das siliconas, que son compostos sintéticos resistentes á calor e base de selladores, adhesivos, lubricantes industriais, illamentos de edificios e do aluminio de portas e xanelas. Está moi presente nos nosos fogares.
Industria 4.0

Os avances máis importantes da sociedade están vinculados á riqueza natural da terra. Unha das aplicacións de maior relevancia do cuarzo é o seu uso na fabricación de modernos equipos sanitarios e en diferentes tipos de próteses, que melloran o benestar das persoas.