Establecer anualmente obxectivos e metas, ademais de realizar un seguimento por medio dos indicadores pertinentes, como ferramenta de mellora e autoavaliación do noso Sistema Integral de Xestión baseado na xestión por procesos.
- Desenvolver a actividade mineira de maneira eficiente, sostible e segura, coa calidade e o respecto ambiental como elementos diferenciadores, interiorizando os principios de minería sostible e a cultura de mellora continua desde o punto de vista da seguridade e saúde, que elimine o risco no posto de traballo durante o desenvolvemento da actividade laboral.
- Facilitar o desenvolvemento formativo e fomentar o sentido da responsabilidade entre o equipo humano con respecto ás actividades desenvolvidas en relación á calidade, a sustentabilidade, a responsabilidade social e a seguridade de persoas e bens.
- Identificar, avaliar e controlar todos os riscos e impactos ambientais, sociais e económicos de todas as etapas do noso proceso.
- Adoptar as medidas correctivas e preventivas ás non conformidades detectadas para evitar así a súa repetición.
A nosa política conleva a comunicación continua con todas as partes implicadas no desenvolvemento da nosa actividade. Dende Erimsa valoramos os comentarios, aportacións e suxerencias que contribúan a mellorar o noso desempeño.