Inicio » Produtos » Areas Q Bed, Q Play, Q Sand

Areas Q Bed, Q Play, Q Sand

Potenciamos a innovación a través da valorización dos recursos naturais da terra. Así desenvolvemos tres gamas de areas de sílice, que cumpren altos estándares de calidade e achegan solucións novas a diferentes sectores produtivos e industriais.

Areas Q Bed

As areas de sílice Q Bed melloran o bienestar animal, favorecen a modernización do sector gandeiro e reducen a carga de traballo aos profesionais das granxas. O noso departamento de Innovación desenvolveu un produto de partículas redondeadas, lavado e con ausencia de arxilas, especialmente deseñado para propiciar un descanso natural ás vacas formando unha cama fresca e seca, o que aumenta a súa produtividade e rendemento lácteo. Un factor determinante para a elección deste material é a súa salubridade. A baixa capacidade de absorción de auga e a súa natureza inerte crean unha barreira de protección fronte á posible aparición de axentes patógenos. Estas características fan tamén que resulte máis fácil o seu manexo á hora de estender e retirar as areas.

Areas Q Play

A superficie das instalacións deportivas necesitan un mantemento adecuado para a práctica de actividade física. Este mantemento resulta máis eficaz e sinxelo coas areas QPlay, apropiadas para pistas de padel, campos de golf, de fútbol ou de rugbi.

Lanzamos dúas liñas con diferentes recomendacións de uso:

  • Q Way: É unha tipoloxía grosa adecuada para bunkers e rúa.
  • Q Seed: É apropiada para calquera instalación de céspede artificial e natural, tanto en interior como ao aire libre.

Está libre de impurezas, o que lle proporciona unha maior resistencia ao desgaste causado polo xogo e a acción atmosférica: máxima garantía de recuperación.

Mellora a porosidade do chan, impide a súa compactación e permite a libre circulación de osíxeno, auga e nutrientes, o que facilita o mantemento.

Recomendada polos expertos paisaxistas porque se integra na contorna, xera unha superficie máis regular, de mellor aspecto e maior confortabilidade para a pisada.

Areas Q Sand

Nosa aposta continua pola valorización e a diversificación deu como resultado as areas QSand, unha innovadora solución para diferentes industrias. Son areas de cuarzo, o que garante a dureza, estabilidade e alto punto de fusión do produto final. Especialmente finas e totalmente secas, están libres de materia orgánica e impurezas. Adaptámolas a diferentes e estritas granulometrías, mesmo por baixo de 1 mm. Pola súa versatilidade e alto estándar de calidades químicas, son demandadas por empresas de diversos sectores.
  • Industria química
  • Construcción
  • Fabricación de morteiros e pinturas
  • Ferroaleaciones
  • Fundición
  • Pavimentos especiais e superficies deportivas
  • Filtros e sistemas de depuración
  • Abrasivos industriais
Erimsa extracción de cuarzo sostenible