O proceso lévase a cabo en varias fases. Na primeira fase sepárase a capa de terra vexetal, que amontoamos de maneira adecuada para permitir a súa osixenación e garantir a súa conservación. Facémolo co máximo coidado porque, ao finalizar o noso traballo, estenderémola sobre as leiras para a súa completa restauración.
Na segunda fase, realízase o cribado “in situ” mediante un precribador alimentado por unha retroexcavadora onde se separa o cuarzo maior de 40 mm. Tamaño indicado para o seu uso metalúrxico e que supón o 8% do total. Simultaneamente e cunha pa cargadora, énchese e nivela o oco de explotación co resto dos materiais procesados que están por baixo da medida mínima.
Este modelo de traballo respecta o medioambiente e é compatible coas actividades socioeconómicas tradicionais na contorna rural. Ademais, só desenvolvemos o noso labor en dúas hectáreas de forma simultánea, o que nos permite minimizar o impacto visual, o ambiental e o acústico.
Réxime de alugueiro cos propietarios
Traballamos en réxime de alugueiro, pactando previamente as condicións económicas e devolvendo as leiras ao seu propietario nun estado óptimo de conservación cando concluímos o proceso. En ningún caso pérdense as axudas das PAC.
Máis de 800 propietarios ratificaron o perfecto estado dos terreos para retomar os labores previos mantendo, e mesmo aumentando, a súa produtividade e rendibilidade despois do sistema de cribado que levamos a cabo.
O cumprimento deste compromiso permitiunos manter e compatibilizar o desenvolvemento da nosa actividade durante máis de 40 anos en diferentes territorios cunha importante concentración de explotacións agrícolas, gandeiras e con proxectos de turismo sostible.