Compromiso coa xeración de riqueza socioeconómica
Queremos xerar riqueza socioeconómica sostible nas contornas onde operamos, principalmente no medio rural. A creación de emprego estable e de calidade en zonas cunha baixa densidade de poboación é unha das formas que eliximos para devolver a estes territorios unha parte da riqueza que nos dá e que sempre poñemos en valor.
Preto de 250 persoas traballan de modo directo para a nosa compañía tanto en Galicia como en Castela e León. Ademais, xeramos numerosos postos indirectos a través da contratación de empresas auxiliares cando os nosos centros de produción están a pleno rendemento.
Contribuímos, así mesmo, de forma positiva á balanza comercial. Somos a segunda compañía con maior volume de exportacións a granel do Porto da Coruña e tamén ocupamos os primeiros postos en Galicia en canto ao nivel de produción de áridos.
Sustentabilidade ambiental
O noso compromiso coa sustentabilidade ambiental e o respecto á contorna é transversal ao desenvolvemento de toda a nosa actividade. Baseámonos na regra das 3R (reducir, reutilizar e reciclar) para diminuír o impacto ambiental e optimizar o uso de recursos.
Avogamos pola reutilización mediante a valorización en novos produtos e reciclamos a través da transformación en novas aplicacións e materiais.